Con motivo da publicación do 3º libro de Climántica (Auga e cambio climático), convócanse as súas xornadas (III Xornadas Climántica "Auga e cambio climático") que se celebrarán no IES Universidade Laboral de Culleredo o venres 6 de maio de 17 a 21:30 e o sábado 7 de maio de 9 a 14:30.
Os seus obxectivos son:
- Propiciar a actualización científica do profesorado no marco das relacións da crise da auga co reto do cambio climático
- Analizar a introducción dos contidos e actividades do libro didáctico nos proxectos curriculares de Educación Primaria e de Educación Secundaria
- Reflexionar sobre modelos de actividades prácticas, no campo e no laboratório, relativas á análise da calidade de auga, a súa depuración e as relacións da crise da crise contemporánea da auga co reto do cambio climático
As xornadas darán resposta a tres grandes preguntas relativas á introdución no currículo das áreas e materias de Primaria e Secundaria da auga e das súas relacións co cambio climático:
- Con que ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático?
É a pregunta de partida destas xornadas e que se responderá suxerindo posibilidades para introdución dos contidos, actividades e recursos do libro da terceira etapa de Climántica, “Auga e cambio climático”, nos currículos da área de Coñecemento do medio de Primaria e nas áreas e materias de Secundaria. - Que ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático?
Para buscar respostas a esta pregunta, desenvolveranse cinco conferencias – coloquio nas que se tratarán os seguintes temas: formación e evolución da hidrosfera, a auga na historia das civilizacións e na actualidade, impactos, riscos, depuración e actividades no laboratorio e no entorno. - Como ensinar sobre a auga e as súas relacións co cambio climático?
As súas respostas abordaranse nunha mesa redonda onde se reflexionará sobre prácticas de laboratorio sobre auga e cambio climático, actividades prácticas sobre o medio fluvial e sobre o medio litoral