Conferencias

Anguita

Francisco Anguita

Francisco Anguita doutorouse en 1972 en Vulcanoloxía na Universidade Complutense de Madrid, en cuxa Facultade de Ciencias Xeolóxicas continuou (até setembro de 2008) desenvolvendo o seu labor docente como profesor de Introdución á Xeoloxía e de Xeoloxía Planetaria. Desde 1985 até 2008 coordinou un Seminario de Ciencias Planetarias no que se iniciaron na investigación en este tema alumnos de distintas Facultades de Ciencias, moitos deles hoxe prestixiosos científicos. En 1990 fundou a Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra, que actualmente conta con máis de mil socios en España e Latinoamérica.

Viaxou por todo o planeta (do que se confesa namorado), tomando parte en dúas expedicións antárticas, unha de vixilancia volcánica e outra de recuperación de meteoritos. Actualmente investiga sobre a evolución tectónica de Marte e Venus, pero sostén que ningunha investigación pode ser tan apaixonante como unha boa clase. Entre os seus libros recentes figuran Historia de Marte, Biografía da Terra, Os volcáns das Canarias, Crónicas do Sistema Solar, Guía xeolóxica da Península Antártica e Planetas.

É cinéfilo e lector empedernido. Foi corredor de maratón, e é activista de Amnistía Internacional desde fai trinta anos.

Fierros

Francisco Díaz Fierros Viqueira

É doutor en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1967), é catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola na Universidade de Santiago de Compostela desde 1987.

Conferenciante e membro de numerosas Sociedades Científicas nacionais e internacionais, ten participado en máis de trinta proxectos científicos ou técnicos financiados, ben como membro do equipo ben como investigador principal ou director.

É presidente da xunta rectora do Seminario de Estudios Galegos desde 1980 membro do Consello da Cultura Galega, coordinado na actualidade a Sección de Ciencia, Tecnoloxía e Sociedade e, desde xullo do 2002, é o vicepresidente primeiro da institución. Ademais destes postos, Díaz Fierros é académico numerario da Real Academia de Farmacia. Sección de Galicia (2000) e académico correspondente da Real Academia de Farmacia do Instituto de España.

Algúns dos ámbitos que estudou nas súas numerosas publicacións científicas e liñas de investigación desenvoltas están moi relacionados co clima: os factores de formación do solo, as propiedades físicas de solos de zonas húmidas, a avaliación e cartografía de solos de Galicia e zona húmida, a erosión, os procesos de degradación de superficies queimadas ou a paleoecoloxía.

Nas súas investigacións relativas á temática que vai a tratar neste congreso destaca a súa participación como: “Expert reviewer” no informe do IPCC Climate Change 2001: Impacts, Adpatation, and Vulnerability, Coautor do Informe Evaluación Preliminar de los Impactos en España por Efecto del Cambio Climático (Ministerio de Medio Ambiente- Universidad Castilla La Mancha, 2005) e Responsable do Medio Terrestre no proxecto da Consellería do Medio Ambiente sobre Evidencias e Impactos do Cambio Climático en Galicia (2007)

Como científico recibiu diversos premios entre os que destacan: “Fray Bernardino de Sahagún” da Deputación de León para traballos científicos en 1972, o “Federico Maciñeira” da Deputación da Coruña (1980), o Premio da Crítica á Investigación Científica (1996) e o Premio Nacional de Cultura Científica de Galicia (2008)

Antonio Manuel Bode Riestra

Antonio Manuel Bode Riestra

Investigador do Centro Oceanográfico de A Coruña do IEO

Nacido en Oviedo (22 Xullo de 1960) licenciouse e dotorouse na Universidade de Oviedo nos anos 1982 e 1990 respectivamente. Na actualidade é Investigador Titular no Instituto Español de Oceanografía desde 1991.

Publicou e colaborou en máis de 80 traballos en revistas e monografías de difusión internacional sobre a produción planctónica, en especial sobre os fluxos de nitróxeno, e sobre o funcionamento das redes tróficas. Participou en 24 proxectos de investigación mariñas multidisciplinares, rexionais, nacionais e internacionais, sendo investigador principal de 5 deles. Xestor do Plan Nacional de Investigación en Ciencias e Tecnoloxías Mariñas (1998-2002) e do Plan Galego de I+D en Recursos Mariños (2005-2006), na actualidade é membro de diversos comités de xestión científica nacionais e internacionais e revisor de artigos científicos e propostas de investigación para as principais revistas de ecoloxía mariña e oceanografía.

Foi un dos coordinadores dos capítulos sobre o sistema peláxico no libro Evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, publicado pola Xunta de Galicia en 2009.

Impactos antropoxénicos sobre os océanos costeiros

O océano regula o clima neutralizando en gran parte os efectos do incremento de gases de efecto invernadoiro na atmosfera e o incremento global de temperatura. Non obstante as condicións oceánicas, incluíndo a vida mariña, tamén se modifican rapidamente por acción do clima. Nesta conferencia examinaranse os principais procesos reguladores do clima no océano e os cambios experimentados recentemente como consecuencia do cambio global, ilustrados con exemplos próximos a Galicia. Un dos principais sistemas de regulación son os mecanismos de almacenamento de carbono, nos que desempeñan un papel clave os organismos mariños. Cambios nas correntes e na composición do plancto e outros organismos causados polo clima alteran a produtividade e a transferencia de carbono a través dos ecosistemas mariños, determinando tanto a inmobilización de carbono coma a dispoñibilidade de recursos mariños explotables. Estes cambios, especialmente na zona costeira, están afectados tamén por efectos ant ropoxénicos directos, como a contaminación e a explotación de recursos mariños. A interpretación e predición dos cambios no sistema complexo formado polo clima e o océano require un sistema de observación axeitado en combinación con modelos numéricos avanzados. Non obstante os sistemas de observación son limitados e os modelos oceanográficos globais que inclúan compoñentes físicos, químicos e biolóxicos están aínda pouco desenvolvidos. Os educadores temos a obriga de implicarnos coa realidade e, por tanto, de dar a coñecer ao noso alumnado a problemática do mundo actual. Así, é fundamental que reaccionemos ante ún dos máis importantes retos do século XXI: O QUENCEMENTO GLOBAL OU AUMENTO DA TEMPERATURA DA TERRA POR CAUSAS HUMANAS que, segundo o Cuarto Informe Científico Internacional IPCC (París, 2007), dará lugar a graves perturbacións para o Planeta e a Biosfera.

Urbano Fra Paleo

Urbano Fra Paleo

É doutor en Xeografía e profesor titular do Departamento de Enxeñaría Agroforestal da Universidade de Santiago e traballa no grupo de investigación do Laboratorio do Territorio do campus de Lugo. Foi investigador en The Environment Institute de la University of Denver, United States Geological Survey y University of Wisconsin-Milwaukee. Responsabilizouse da xestión de REDIX, Rede Galega de Investigación en Información Xeográfica, formada por tres grupos de investigación de la USC, tres da UdC, SITGA, CESGA e CINAM da Xunta de Galicia. Tamén se encargou da dirección do curso avanzado da OTAN sobre a ordenación del territorio como estratexia de mitigación de riscos naturais. Coordinou en España e aportou contidos ao European Virtual Seminar on Sustainable Development (EVS) ao longo de estes anos. É Presidente da Sección Ibérica de Sigma Xi, The Scientific Research Society, é membro do Steering Committee del proyecto de IHDP Urbanization and Global Environmental Change.

Está especializado no estudo dos riscos naturais. Coordinando o estudo recentemente publicado ‘Riscos naturais en Galicia: o encontro entre natureza e sociedade’, no que participan 21 especialistas. Dende a súa área de coñecemento séguese con moita atención a traxedia de Xapón porque presenta escenarios novos no eido das catástrofes naturais e a súa relación co ordenamento do territorio.