O prazo para inscribirse como asistente estará aberto ata o límite de capacidade do Auditorio, quedando reservadas 700 prazas para os docentes do ensino non universitario de Galicia. Unha vez rematados os prazos de inscrición que estableza a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, se quedaran prazas vacantes destas 700 reservadas, pasarían a acumularse ás prazas do profesorado e educadores non incluídos no seu Plan de Formación do Profesorado.
- Profesorado que solicita certificación da Consellería de Educación
Deberán inscribirse a través do Sistema de Xestión de Formación do Profesorado, FProfe (http://www.edu.xunta.es/fprofe), da páxina web da Consellería de Educación, dentro da Área: Temas transversais e Centro de formación e recursos: Servizos centrais con código X1002025. Data de remate do prazo: 1 de maio de 2011 - Profesorado que non pode inscribirse a través de FProfe e demais interesados en asistir, que recibirán certificación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.