Mesa redonda

Luisa Martínez Lorenzo

Luisa Martínez Lorenzo

Dra. Ciencias do Mar. Responsable da Unidade de Cultura Científica da Delegación do CSIC en Galicia. Realiza tarefas de deseño, coordinación, apoio e asesoramento científico de accións de divulgación da ciencia.

Ten amplia experiencia en xestión de proxectos de comunicación social da ciencia destacando a súa participación en: Researcher´s Night (Unión Europea 7PM, edicións 2006 y 2010), Exper-i-Ciencia (Xunta de Galicia, edicións 2005 - 2010), Obradoiros de Ciencia Mariña nos Mercados (2008, 2009 y 2010), EFERVESCIENCIA NA PRAIA (FECYT 2008), Ciencia en el Puerto (CSIC – FECYT 2007), Ciencia na Escola (Xunta de Galicia), Divulgación en Galicia da Investigación Mariña (Ministerio de Educación y Ciencia 2006), entre outros.

Como poñente ten participado en diversas xornadas (Ferramentas para a Divulgación Científica en Galicia 2009, Xornadas A Ciencia hoxe edicións 2006, 2008 e 2009, “Exper-i-Ciencia en infantil e primaria 2008",...), cursos (“A ensinanza da ciencia en infantil e primaria” e “Aprender investigando”, CFR Lugo e Ferrol, novembro 2010; Seminario de Divulgación no IEO (abril 2010), Curso de Cultura Científica: Divulgación y Comunicación de la Ciencia (Gabinete de Formación del CSIC , xuño 2008), etc.

Pola súa experiencia foi invitada a formar parte das comisións de avaliación das axudas DIVERCIENCIA (Xunta de Galicia) desde o ano 2008, e foi xurado do Premio de Xornalismo Científico Galicia Innovación 2010 e do concurso de relatos “Ciencia que Conta” 2010.

No referente a publicacións, coordinou con X. A. Álvarez Salgado, a unidade didáctica “A Ciencia do Mexillón”, e participou na reedición, no Ano Internacional da Astronomía, do libro “Contos e Coplas de Estrelas” e dos “Ensaios” de Ramon Mª Aller.

Prácticas sobre o medio litoral

O cambio climático é un problema complicado que afecta a todos nos e que é necesario coñecer a fondo para poder prever seu impacto na vida do planeta Terra.

Na actualidade a comunidade científica está facendo grandes esforzos para avanzar no coñecemento dos efectos derivados do cambio climático co obxectivo de ter capacidade de adaptación aos futuros cambios e de asegurar a nosa calidade de vida.

A concienciación social sobre esta problemática e fundamental. Todos somos parte activa deste fenómeno e a comunidade científica ten a obriga de transmitir a sociedade os resultados dos seus descubrimentos e de recomendar pautas de comportamento responsables co medio ambiente que axuden a frear os efectos nocivos do cambio.

Na actualidade a investigación do cambio climático nos océanos se centra no intercambio de gases coa atmosfera, no estudio da diversidade, na subida do nivel do mar, nas consecuencias da acidificación, nos cambios na circulación oceánica, etc. Desde a Unidade de Cultura Científica do CSIC en Galicia, e mediante o proxecto DIVULGAMAR, implicamos ao persoal científico-técnico do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), na difusión de actividades relacionadas co medio mariño facendo un especial esforzo nas intervencións nas aulas.

Nesta mesa redonda presentaranse brevemente os materiais e as experiencias levadas a cabo nas aulas, pola Unidade de Cultura Científica do CSIC, e relacionadas co medio mariño e a súa conservación.

Proxecto Ríos

Virginia Rodríguez Álvarez

Licenciada en Ciencias Químicas, especialidade Química Orgánica, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago 1993-1998.

Grao de Licenciada-Modalidade Tesiña e Suficiencia investigadora correspondente ao bienio 1999-2000. Univ. Santiago de Compostela. Profesora de ensino secundario dende Setembro do 2004, presidenta de ADEGA e Coordinadora do Proxecto Rios-ADEGA dende o ano 2005.

Como formación complementaria destacan as ponencias en congresos nacionais e internacionais vinculadas ao Proxecto Ríos:

  • Ponencia nas Xornadas custodia fluvial y paticipación ciudadana, Manlleu 10 de abril do 2010.
  • Ponencia Recursos para el desarrollo de programas y materiales de educación ambiental sobre agua, CIMA, 10-20 de decembro do 2008, Santander.
  • I congreso Internacional de EA dos países lusófonos e Galicia. Santiago de Compostela, CEIDA, 24-27 de setembro do 2007.
  • Seminario Internacional "Comunidades de Investigaçao, Aprendizagem e Intervençao". Nerea-Investiga, 24-26 deXullo 2007, Praia-Cabo Verde.
  • V Congreso Ibérico sobre planificación y gestión de Aguas, Faro, 4-8 de decembro do 2006.
  • V Congreso Iberoamericano de EA, Joinville (Brasil), 5-8 de abril do 2006.
  • Seminario de especialización Científica en restauración de ecosistemas acuáticos, Vilagarcia de Arousa, EHEC, 31 de maio-3 de xuño do 2006.
  • V Xornadas galegas de EA, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela8 de abril do 2008.
  • Ponencia nas Xornadas sobre Auga e Territorio, IES de Melide, 10-12 de Setembro do 2007, Melide.
  • Comunicación “Agua y E.A.: nuevas propuesta para la acción, Congreso de agua y E.A.: nuevas propuestas para la acción, Alicante, 26-29 de Novembro de 2003.
Mercedes

Mercedes Rodríguez Ruibal

Catedrática de Bioloxía e Xeoloxía con destino definitivo no IES nº1 de Ribeira (A Coruña).

Primeiro Premio Educacompostela ano 2003 do Concello de Santiago e Nova Escola Galega polo traballo didáctico "Prestige: problemática ambiental" e Segundo Premio de Innovación Educativa da Consellería de Educación ( Xunta de Galicia) ano 2004, polo proxecto: Semana da Ciencia.

Colaboradora do Proxecto Climántica dende os seus comezos.

Docente en Cursos de Formación do Profesorado sobre Prácticas de Cambio Climático no marco do Proxecto Climántica.

Coautora de artigos sobre Prácticas de Laboratorio referidas ao cambio climático e a súa aplicación na aula: Revista Galega do Ensino (volume 57, setembro-decembro 2009) e Revista de Ensino de Ciencias da Terra (volume 17, n.º 2) ano 2009.

Colaboradora no grupo de traballo para a elaboración de material de Climántica para alumnos de Educación Primaria (Aprendemos coas escolas climánticas).

Impartiu clases no 4º Ciclo Universitario da Universidade de Santiago de Compostela, durante o curso 2007/2008, na materia "Climántica: proxecto de educación ambiental co fío condutor do cambio climático".

Coordinadora de Galicia da Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra - AEPECT- (2004 -2009).

Prácticas de laboratorio sobre auga e cambio climático no proxecto Climántica

Os educadores temos a obriga de implicarnos coa realidade e, por tanto, de dar a coñecer ao noso alumnado a problemática do mundo actual. Así, é fundamental que reaccionemos ante ún dos máis importantes retos do século XXI: O QUENCEMENTO GLOBAL OU AUMENTO DA TEMPERATURA DA TERRA POR CAUSAS HUMANAS que, segundo o Cuarto Informe Científico Internacional IPCC (París, 2007), dará lugar a graves perturbacións para o Planeta e a Biosfera.

Froito desta preocupación, e dentro do Proxecto Climántica, no noso Centro desenvolvimos un conxunto de actividades didácticas para difundir e explicar a problemática asociada ao Cambio Climático global, co obxectivo de contribuír á sensibilización da cidadanía fronte ao deterioro ambiental e as súas consecuencias.

Neste marco, puxemos en marcha un Obradoiro de Prácticas de Laboratorio sobre Contaminación e Cambio climático, do cal imos presentar a parte relacionada coa auga e cambio climático.

As prácticas seleccionadas cumplen unha serie de requisitos:

  • Simulan un fenómeno natural ou un efecto da actividade antrópica
  • Pretenden visualizar de forma sinxela, á vez que rigorosa, os procesos a estudar
  • Non requiren instalacións complexas nin materiais custosos
  • Poden adaptarse a diferentes niveis educativos
  • Permiten extraer conclusións relacionadas coa problemática ambiental
  • Foron constrastadas en diferentes eventos: clase, cursos de formación, feiras da ciencia, encontros educativos

Breve descrición das experiencias presentadas:

  1. Simulando correntes de convección: buscamos reproducir a circulación causada polo desigual quentamento da superficie terrestre por parte da radiación solar, que redistribúe e equilibra as temperaturas.
  2. A auga como amortiguadora da temperatura: demostración do efecto atemperador da temperatura que presenta a auga como consecuencia da súa elevada capacidade calorífica, reflexo a súa vez da súa estrutura molecular.
  3. Estratificación das augas segundo a densidade: comprobación da non mestura de augas de densidades diferentes a causa da salinidade. Aplicación a situacións reais.
  4. Simulando fenómenos meteorolóxicos extremos: ciclón. Reproducimos o movemento xiratorio das borrascas, como proceso do ciclo da auga, e sinalamos o aumento da meteoroloxía extrema como consecuencia do cambio climático.
  5. Desxeo polar segundo os modelo ártico e antártico: facemos patente o desigual comportamento do xeo flotante e continental mediante un sinxelo e inxenioso experimento, e deducimos as diferentes consecuencias.
  6. Construíndo unha depuradora caseira: simulación do proceso de depuración física das augas residuais (decantación) mediante materiais comúns.
  7. Determinación da calidade das augas: análise de diferentes mostras de augas de fontes e mananciais para determinarr por métodos colorimétricos diversos parámetros químicos e biolóxicos, deducindo as causas e efectos da presenza de contaminantes químicos e/ou biolóxicos, e a incidencia da contaminación no ciclo da auga.